viernes, 16 de noviembre de 2007

A ESTATUA DA CASTAÑEIRA

Entre a calor do lume e a saca
te-lo teu reino.
A carón dese edificio do Governo
Civil che puxeron.
Imaxínote ofrecendo
eses froitos da terra ós paseantes e ós nenos.

Pero és de bronce,
sen vida, sen mañas, sen alento....
E os chasquidos do lume e a ti vendendo
foi algo que pasou no meu pensamento.

ANSIA

Non vexo o día en que chegue a noite,
noite máxica en que estemos a soas ,
noite de sorte.
Noite en branco o negro,
clásica,ancestral,
na que desaparece o ego
para trocarse en dúo fluvial.

Sen torrentes e remuíños,
con agarimo, paseniño....

A GALIZA

A Galiza que eu coñezo,
moito me fixo chorar!!.
Amores de mentireiros,
para traballar, emigrar.
Mais, na ialma me quedaron
os seus bosques, paisaxes, prados,...
...os ollos negros dun mozo
do lugar d'onde medramos.

Xa non sei por qué te quero,
cecáis pra min non tes amor.
***********

Cando a túa onda chegue ó meu atol,
entón, amor, para min lucirá o sol.
******************

SEMPRE

Sempre que me sorrías,
inculcarasme
ledicia,
que, gustosa, e sen malicia,
devolvereiche.
Sempre que a nosa relación
sexa tan fermosa,
chegaremos ó éxtase dos sentidos,
iñorando ós entrometidos
do noso redor.
Necesitamos, cariño,
necesitamos
ese ardor.
Ata ó fin aliarnos
por puro amor.

FADO

Fado,
sen sentido fado.
Pena,
que marchas e te amo.
E as cancións xa non soan.
As cancións que nós lembramos.
Fado,
tan nova xa non son.
Fado,
sen tí meu espírito ficou.
E a candor dos vintecatro
xa non a teño, non.

Sen sentido é ter mal fado,
por sentir tan grande amor.
Fado, sen sentido
fado,
pena,
que marchas e te amo.

(Adicada a M.A.I.Rdriguez).

LEMBRANDO O QUE DI QUEIZÁN

Recuperemo-las mans,
tal e como di Queizán.
Recuperemos dignidade, coñecemento,
as nosas tradicións, noso tempo.
Non permitas, resignada,
de ningún unha labazada.
Non permitas que te insulten,
e degraden.
que non che deixen disfrutar
da realidade.
Recuperemo-la nosa valía,
e fuxamos da opresión impía.
Recupérate, érguete e protesta,
se algo para ti val a pena.OURENSE

O arume fresco das non sempre verdes montañas
.foi o que levei nas miñas entrañas,
para conseguir sen ti, Ourense, renacer.
Así, aínda de lonxe compoñer.

Lembranzas tiven;
¡cantas lembranzas viven
para pena dos que se van,
e voltan tan
desexosos de te disfrutar!.

A espera non che deixa ver
.o intre de volver.

PO-LAS IRREGULARIDADES DO SISTEMA

Se a perguiza se vos despega,
Coidarei que son d’eiquí.
E que podo cre-las mentiras “que decís”.

É algo impensable que
.nas vosas accións a paguedes
.con quen non o merece.

Os millores non existen,
.nen son os que so cren.
Cecais cando se den conta,
Pretendan pensar ó revés.
Para non dar qué dicir
.a quen non ten qué facer.

Para non ver en sí
.ó animal que teñen que ver.
Así os envexosos xogan tamén.

Actúes de calquer forma,
.sempre aberá alguén
.que esté para darche coba
.ou para facerche caer.

O presente sí importa;
.o mañá está por ver.
E esperas,
.esperas po-los amores que deixas na tua Terra.

A POESÍA

A poesía é o que xurde
.da chama viva do inxenio.
Unha expresión que se urde
.por vocación, (non concursos ou convenios).



VIRAS

Virás a min cando
.te canses de pasa-lo rato
.con outras persoas.

Virás a min cando
.as horas do teu relox
.che recorden a miña voz.

Virás
.canso de viaxar,
.sen outro obxetivo ó que chegar
.máis ca estar ó meu lado.
E, entón,
.non sei se xa te terei afastado.

A BÉCQUER


¡Que verbas acendidas de viveza
coma o vento escribías!.
Foi o xogar coa linguaxe a túa proeza,
.e as rimas a todos transmitilas.

Contemplo eu tamén agora as nubes,
.que viaxan d’auga cheas, do sol alumeadas,
.e pregúntome se vos, os xenios d’antes, ou as fadas,
.inspirade-la poesía que en min flúe.
N’este mundo de hoxe, que de sensibilidade carece,
.aínda hai arpas onde o xenio adormece.
Cecais da penumbra espertaran
.se un foco de lus as alumeara.

Sabemos ben os dous que a ialma humana
.entre o seu científico e o seu místico se desgrana.
Non terá, pois, fin a esencia da vida,
.nen tampouco, Bécquer, a poesía.

A INSPIRACIÓN

Porque ti naces
.de donde eu nazo.
Enerxía que flúe
.cos meus lazos.

Difumínaste
.e evaporas.
E ilumínasme.algunhas horasNOSTALXIA

Os pasos han d’avanzar;
¡ó pasado,
non o volvas chamar!.

O tempo voa,
.as cousas cambian....
Non estarán os que antes che acompañaban.
Se che fallan as forzas, ¡mala saña!,
.¡érguete e sigue!.

O futuro te chama;
.non torza-la cara,
.e lembra sen pesaresA DERRADEIRA POESÍA

A derradeira poesía que eu escriba
.non tratará nen da miña vida.
Non tratará das artes do día,
.non tratará de causas perdidas.

Nen sequera do silencio,
(que m’acompañou tanto tempo),
.nen sequera da soedade,
de amores, da mocedade....

A miña derradeira poesía ten só cores,
.cores da eternidade.
Porque é quedanza;
.quedanza, calma e templanza
que da a madurez.
Será algo inspirado na sencillez.MONTES OU MENDIAK

Grandiosas maxestades
.de pendientes verdes,
onde a brisa murmulla
.e ti comprendes....

Silencio e soedades
.poboados de carballos, cipreses....
.contemprando o espazo
.pasado e presente.

Espírito e bravura
.nos cumes teño.
Vosoutras altura
.que nos fai pequenos.

Creémonos tanto,
.sen ser máis ca inconscientes seres.
¿Qué sería de tantas vidas
.se unha catástrofe sucede?.

Montañas, nosas montañas,
.montañas da nosa vida.
Mendiak, gure mendiak,.mendiak, gure bizia.


.o que ti só sabes.

poever3.doc

Hola!. Son Miren JOsebe Cardeiro, unha ourensana de 36 anos, nada en Bilbao.
Agardo que vos gusten as cousas que escribo e me dedes a vosa opinión e fagades comentarios sobre a miña obra para seguir perfeccionándome nesto de expresarme en verso.

Estas son as miñas cancións,
opinións e mais creación
do que sae do meu interior
e faime sentir mellor.

Que algunha vos goste agardo
(pois delas teño un bo fardo),
ou que pasede-lo tempo,
pois a literatura tamén é un entretenemento.