jueves, 13 de diciembre de 2007

Amor no Inverno

O mes de Decembro é o mes que me trouxo os dous namoramentos da miña corta vida.
É frío, e, sen embargo pode ser tan romántico coma a primavera.
En memoria dos dous homes dos que me namorei, escribo isto:

Se tí quixeras estreitar lazos,
bica-los meus beizos,
rodea-los meus brazos.....
Eu non che esixiría compromisos, nen datas, nen plazos...
Serías parte de todo
o que espanta os meus fados,
dos alicentes que espertan
en min os encantos.
(Se tí, M.A., les este poema, date por aludido).

miércoles, 12 de diciembre de 2007

3 de Decembro, 5:50am

Escrívovos este poema para que pensedes no que tería que ser o verdadeiro Nadal

Moito máis de catorce mil mortos diarios,
entre sida, outras enfermidades e accidentes de tráfico.
Pregúntome se nos chegará o diñeiro para pasa-las festas,
por non sisar coma algúns en Andratx ou en Marbella,
e poñerlle á nosa casa novas só dúas fiestras.
Tódo-los que aprecio e rodéanme son xente enfema,
e a asistencia sanitaria non é un dereito, que eu vexa
cumplido na nosa rexión.
Para qué tanta lexislación?
Reclamaría arduamente o meu dereito a suicidarme
antes de estar pior e maior, ou de que volvan a internarme.
Pois sí, estamos en Decembro; chega de novo o "Nadal".
Pensas aínda que se non fa-las cousas típicas pasaríalo fatal???.

martes, 11 de diciembre de 2007

por qué

Este poema non pensaba publicalo, pero como son unha xenerosa, ahí vai:

Por qué non calmas a miña sede de tí
en mil e unha noites seguidas sen fin?
por qué po-lo que sinto mostras frialdade
e tórnase en reixas por min en lugar de en liberdade?
Por qué só eu te considero a miña "outra metade"?
Por qué ten que causarme tanta dor
non haber evitado sentir por tí este amor?
Por qué hei de terte constantemente no meu pensamento,
namentras que tí buscas só vivi-lo momento?.
Por qué a miña ansiedade de voltar a estar contigo?
Por qué descoñezo o que queres conmigo?

.............................................................
e, a pesares de todo,
qué contradición!! QUÉROTE