lunes, 21 de enero de 2008

INSIPIDEZ

Todo transcurre coma repetido,
e xa non vexo correr o río.
Todo é infructuoso,
coma unha sequía,
non escribo, estes días
tornouse duro arrecife
o existir.
Será que me faltas tí,
será que non vexo vir
o cambio tan agardado en min.
Será que o Miño xa non
me murmuria a súa canción.
Lentitude dunha ousadía,
paseniños estes días.

E, sempre, agardando por tí.