martes, 20 de mayo de 2008

maio ilusorio

Todo é fervenza nova,
novas melodías,
todo sinala que agora
serán distintos os días.
Que xa non me perderei
na miña malencolía.

Qué máis da?
Qué quer dicir
tanto sentimento
que brota dende eiquí?.

Hei de recuperar aquilo
que no Agosto perdín?.
Non sei,
chamo constantemente
ao alto ceo por tí.
Maio ilusorio,
que tras novos ambientes,
dime se, de todos,
virán os que me queren!!.

martes, 13 de mayo de 2008

DESMEMORIADO RIO- Pura Vázquez

Hola a todos/as!!
estou descobrindo a Pura Vázquez e hoxe vou escribir un par de poemas de ela; o primeiro podo
ata facelo meu, porque expresa perfectamente o que sinto por unha ausencia.
ELEXIA DA AUSENCIA FONDA

Os coitelos da ausencia espésanseme dentro,
.derrúbanme algodóns das nebras despiadadas.
A espida docelez da camelia e da escuma,
o lábil pensamento e a desmemoria tráxica.
Os espectros empápanse. Fanse melancolías.
Soletran nas mañáns anunciación e gracia.
E arumes e bandeiras polos xistros bulindo.
Engárzanse ós brillantes rocíos entre as sombras
coas veludosas telas de poutas delicadas.

Ninguén chega a esgazar esta argola de ferro
do fastío apreixándome ilusións degoladas.
Este atadallo feito de lágrima e tristura
que nos ollos me surte e me retorce a alma
co estambre largacío das calladas lembranzas.

Quen vai a ennovelarme nesta luz, nesta edra
que teima pendurarse no aire da ventana?.

Soio altamares gardo que a ansiedade me agocha
prendéndome a elexías de ausencias prolongadas.


ESCOITANME OS SILENCIOS


Onde se queiman mármores e beizos.
Lagoas que se afunden con estrelas.
E brazos invisibles alongándonse
nun tremor de crepúsculos frustrados.

Onde naufragan formas e brancuras
na óptima madureza. E trasparecen
as nubes iniciais. Formas soñadas
cando sentimos a calor da carne
aseitando os sentidos. Seu latexo.

Cando é o sorriso amargo. Cando treme
a noite polas sombras escondida
e buscamos paxaros anceantes
na roseira da vida. As mustias rosas.

Busco pegadas, covas neses cómaros
onde a beleza ardeu e morde a chuvia
e un pensado pracer xira en pleamares
de bolboretas de impalpables azas.

Este é o meu poema de hoxe:

La Vida

Vida es la corriente del viento que entre árboles silba,

Vida es cada elemento de la Naturaleza que vibra

Con esa particular energía.

Vida es sentir y ser sentido,

Encontrarle a las cosas su contenido.

Vida la hacen todos los que hacen su camino

Aceptando, rechazando e incluyendo.

Vida son los colores y movimientos,

Vida es expresar tus sentimientos

Sean de tristeza o alegría

Vida es saltar, cantar, llorar,

Hacer caso e ignorar.

La tiene todo lo que piensa y evoluciona,

Todo lo que crece y reacciona.

Ser libre y dejar serlo,

Sin etiquetar a los que difieren por ello...

¿Cómo definirías tú la vida?

lunes, 5 de mayo de 2008

A túa calor no meu leito;
sentir o teu alento....
facernos aloumiños,
falarnos amodiño.
Evaporouse todo iso,
coma un refacho de choiva,
coma unha moda pasada,
coma se nada pasara!!...
E doe tanto lembralo,
e doe tanto sentir!!.
Vivir só por manterme esperta;
vivir un senvivir sen tí.
O doce sabor dos teus bicos,
as caricias da túa man...
Non podo!!
Non podo esquecerte!!.
Por tí bregaría un mar.

sábado, 3 de mayo de 2008

da Vila dos bos hostaleiros e as correntes rumureantes

O día 29 de Abril viaxei a visitar O Carballiño para recargar as pilas.
Sorprendeume gratamente a beleza da paisaxe do paseo do Arenteiro que remata no Muíño das Lousas ou Muíño do Anxo.
Disfrutei con toda a plenitude, (a pesares do frío e a choiva), do tempo libre, da longa camiñata que fixen ata Pazos de Arenteiro, da amabilidade e simpatía das xentes do lugar, dos estupendos cafés e as comidas preparadas por os artesáns da hostalaría.
Disfrutei da espontaneidade dos mozos cos que falei.
Non puiden pedir máis, agardo voltar algunha vez, de todo corazón.
A os que non vos interesen máis os museos, o teatro e o cine que unhas boas viandas, recoméndovos pasar por alí, abrindo os vosos sentidos e o voso carácter.