viernes, 13 de junio de 2008

Agora,
agora que non me fai sorrir
ningunha canción.
Que este o ceo azul ou gris,
xa non me bicas, amor.
Agora que a soave brisa
do pasado mes de Abril
cesou, é o meu desexo
de novo ter a túa calor.

sen que ningunha montaña,
nos separe ós dous.
Agora,
sóñote preto de min,
desexo que estes eiquí.
Bicame
e eu bicareite.
E a brisa volverá a traerte.

CREPUSCULO
El crepúsculo va cayendo.
Cambios en el tono de la luz.
¿Cuándo llegará el que yo quiero?.
¡El cambio con que vengas tú.

martes, 10 de junio de 2008

nada

Nada é nada,
todo é nada.
Tormentas e treboadas.
Dende que dixeche adeus,
non vexo xa a alborada.

Amar e perder,
nunca saber...
o presente é unha espera,
o mañá,
sen tí, non sei!.
Sinceridade,
contrariedades...
Para que dis o que dis?,
Logo ao outro,
para que cambie?.

Anque non son adiviña,
sei
que non deixarei de amarte.
Non hai espera,
non hai rumbo,
ocorreu o desencante.
E xa estou desencantada.
Porque a nada
é a nada.
En todo este tempo....
sobráronche as palavras?...

lunes, 2 de junio de 2008

A TI

Esperto dun soño

.de baladas nos meus oídos;

.de plumas rozando

.cada recuncho do meu corpo.....

De fluídos

.unidos coma un río.

Dun voo perfecto

.sen anxos, pro con sexo.

Dun atravesar muros,

.coma un espírito puro....

....de viveza e melodías.

E ese soño dos meus días,

.es ti.



Vlll PAA

Auga das correntes esmeralda:

.clara,

.pura,

.viva.....

...transparente de lus

.e de cariño.

Efluvio soñado dos praceres,

.desenmarcado dos destinos,

.superior a todos os leceres;

.pleno en todos os sentidos....

Es ti, amor,

.meu sublime LIMBO.