domingo, 7 de septiembre de 2008

Escoitar o silencio,
atopar as palavras...
contemplar atenta
o cambio de estación.
Agardar,...
suspirar,....
deixar que transcorran os días,
máis ca vivir, invernar!.

Xogando coas follas caídas,
agardo unha soa benvida.
Xa sabes que te agardo a tí,
cariño, toda a vida.
Ata logo!!.

DECEPCIÓN

"Torcal do rescate;
xa non quero que me fales,
que me cubras, que me ensalces!.

Xa o teu nome non di nada,
coa decepción todo acaba.
Decepción foi o de hoxe,
estando na túa morada.
Noxo sinto cara tí, e me cómpre
sentirme complementada.

Estar a gusto de veras,
cunha persoa amada.
Será que iso é imposible?.
Ficarei eiquí estancada?.

Non, non quero estar contigo,
ourensán. Non máis palabras!!".