domingo, 18 de enero de 2009

Sen título

Eu tamén
teño a túa esencia.
Estarás en min no alén,
máis alá desta existencia.
Aínda que o Universo desapareza!.

viernes, 26 de diciembre de 2008

PONTES
Pontes nas cidades,
ningunha ponte entre nós.
Onde está a solidaridade?
Por qué o lazo se desatou?.
Paso do tempo,
augas turbias.
O que pesa a desunión!!.
ll

Estaba eu na corrente,
naufragando...;
es ti o remeiro que, de repente
a man tendeume para ir flotando?.
Mais, a tarde esa de Agosto,
nun remuíño me deixaches.
E o meu rostro,
só pesares reflexa.
Chamaches
co teu adeus a o insomnio.
Así, tal "demonio"!,
afogo no remuíño pouco a pouco.


MEU SER

Ocaso resplandecente,
ánima de lúa,
pequena horta de valores,
surco asolado, creador na vida,
incomprendido ata o máis lonxano arredamento.
Libro da simpatía espontánea,
coñecemento de aprender día a día,
romanticismo Becqueriano,
contrariedade do choque repentino
entre a realidade e o ideal imaxinativo.
Rebeldía aventureira
por pura liberdade,
idealismo practicado, hoxe esquecido;
mais,
coma os anciáns esquimais,
quero retirarme a o frío.

martes, 28 de octubre de 2008

CONVERSAS DO PASADO ANINOVO CO MIÑO

Quixera correr coma ti,
e visitar verdes lares.
Ter un presente máis pleno,
e que ninguén me desencante.
Quixera apreciar a vida,
(interior e exterior),
río da nosa Terriña,
que sabe do meu amor.
Cantabas,.....Que me cantabas,
cando onda ti tiña ido??.
Xa só o teu murmurar
me protexía do brutal ruído....
Río!; meu Río!!!!!.

REFLEXIÓN:vIVIR é espertar e que che deixen que espertes.

lunes, 6 de octubre de 2008

non mais bágoas/agardo a túa presencia

Non máis bágoas aparecerán
no fondo dos torrentes do meu mundo,
das profundas mareas perturbadas;
coma pérolas transformadas brilarán
entre a vida rescatada nun segundo,
porque tí, Maxi, me apoias.

Un sorriso de grazas esbozado,
polo eco desexado e familiar,
chegando a túa mensaxe ó meu fogar
agradece que me teñas animado.
Moitos bicos e apertas!!.

AGARDO A TUA PRESENCIA

É o acebo tronzado
que na túa horta revive;
a miña espranza.
Son o coral e a estrela de mar
que sempre brilan no meu fondo
dándome ledicia.
É a verba máis creativa
podendo saír ata do meu mesmísimo sangue,
POLA TUA PRESENCIA.
É un suspiro continuo
por un desexo instintivo
a túa amizade.

domingo, 7 de septiembre de 2008

Escoitar o silencio,
atopar as palavras...
contemplar atenta
o cambio de estación.
Agardar,...
suspirar,....
deixar que transcorran os días,
máis ca vivir, invernar!.

Xogando coas follas caídas,
agardo unha soa benvida.
Xa sabes que te agardo a tí,
cariño, toda a vida.
Ata logo!!.

DECEPCIÓN

"Torcal do rescate;
xa non quero que me fales,
que me cubras, que me ensalces!.

Xa o teu nome non di nada,
coa decepción todo acaba.
Decepción foi o de hoxe,
estando na túa morada.
Noxo sinto cara tí, e me cómpre
sentirme complementada.

Estar a gusto de veras,
cunha persoa amada.
Será que iso é imposible?.
Ficarei eiquí estancada?.

Non, non quero estar contigo,
ourensán. Non máis palabras!!".

martes, 8 de julio de 2008

VIXILIA

Vixilia é espertar
con nostalxia de ti.
Vixilia é gardar
no peito unha única espranza.
Vixilia é quererte ata o final.
Vixilia por culpa da distancia!