lunes, 31 de marzo de 2008

pensando no Tibet e nos tibetanos/as

A barbarie de asesinar persoas non debería ser mundialmente pasada por alto, concedendo a celebración das olimpiadas a un país que non sabe nada de dereitos humáns.
O governo chinés é un opresor tolerado por os "países do vello continente", América e todos os/as sádicos/as que non se pronunciaron en contra.
Quen opina coma min??

A rehabilitación en Ourense

Ola a todos/as
Hoxe non vou escribir un poema, senon que quero comentar algo que nos incumbe a todos/as os/as ourensans e ourensanas.
Se algunha vez temos un accidente e non temos dereito a ambulancia, nen posuímos coche, pasaranos o que a algúns e algunhas estalle pasando:
ter que desplazarse ata os fríos paraxes de Piñor, utilizando non sempre un bus novo que vaia por onde non haia baches,e soportar a dor do membro lastimado que co frío e outras complicacións non logra unha pronta recuperación.
Son plans do SERGAS a organización dos diferentes servicios na provincia, pero habería de ter en conta, xa que invirte tantos cartos, os pros e os contras de establecelos en sitios concretos e, sobor de todo, o BENESTAR dos usuarios; cousa que por moito que se esforzan os/as profesionais do centro, debido á non ben coidada planificación e estudo das reformas, non sempre se consegue.
O mesmo ocorre co sitio en que agora está urxencias. Dan tanto as correntes de aire por alí, que, se hai algunha camilla/ cama no pasillo desa planta baixa, acatarrarase de certo o/a que estea nela.

martes, 4 de marzo de 2008

FAISCAS

Areas na praia,
refachos de aire,
gotas do orballo,
pétalos de fror.
Calor lembrado
que xa se foi.
O mínimo,
o máis ínfimo
que me poda alentar,
serve,
para erguerse
e coidar
que algún día
volverás.
NOELIA

A lus crece na aurora
A soavidade dora
unhas palavras dende a túa boca.
Unhas imaxes alentadoras.
Luceiro do ceo
onde voan alondras....
A anguria continua
que me aprisiona
é e faise nada
se tí te asomas.

Tí ´sí es unha amiga
non outra cousa.