lunes, 6 de octubre de 2008

non mais bágoas/agardo a túa presencia

Non máis bágoas aparecerán
no fondo dos torrentes do meu mundo,
das profundas mareas perturbadas;
coma pérolas transformadas brilarán
entre a vida rescatada nun segundo,
porque tí, Maxi, me apoias.

Un sorriso de grazas esbozado,
polo eco desexado e familiar,
chegando a túa mensaxe ó meu fogar
agradece que me teñas animado.
Moitos bicos e apertas!!.

AGARDO A TUA PRESENCIA

É o acebo tronzado
que na túa horta revive;
a miña espranza.
Son o coral e a estrela de mar
que sempre brilan no meu fondo
dándome ledicia.
É a verba máis creativa
podendo saír ata do meu mesmísimo sangue,
POLA TUA PRESENCIA.
É un suspiro continuo
por un desexo instintivo
a túa amizade.

No hay comentarios: