lunes, 21 de enero de 2008

INSIPIDEZ

Todo transcurre coma repetido,
e xa non vexo correr o río.
Todo é infructuoso,
coma unha sequía,
non escribo, estes días
tornouse duro arrecife
o existir.
Será que me faltas tí,
será que non vexo vir
o cambio tan agardado en min.
Será que o Miño xa non
me murmuria a súa canción.
Lentitude dunha ousadía,
paseniños estes días.

E, sempre, agardando por tí.

1 comentario:

sereadur dijo...

Non sei cántos meses transcorrerán ata que, despois do accidente, todo volva a ser coma antes.
Invernía monótona, na que me falta,(non porque sexa inverno), ata a inspiración, o desexo de facer cousas....Quero adicarme á tarefa de crear, ser viva, divertirme no meu presente,...E sei que nada nen ninguen dos agora achegados faranme sentir coma hai un ano e nove meses.
Poida ata que letargue agardando ós musos da creatividade en min.