martes, 22 de abril de 2008

Poemas dende A Coruña

FADO


Fado, sen sentido fado,
.pena, que marcho e te amo.
E as cancións xa non soan,
.as cancións que nós lembramos.

Fado,
.tan xoven xa non son,
.fado,SOMBRA

Son a sombra dun desexo,
.enxendrado xa hai tempo.
Son a sombra que se ergue
.cando afonda nun retrete
de ironías e inxustizas.

Sombra que retorna ás sombras
Ó cae.-la noite pecha;
(ás sombras:encerro, congoxas,
desacougo, sombra da espera).

Son unha sombra no ter,
Aínda que non no saber.
Porque a iñorancia non chega
.a quen cada día brega
.por un fogar mellor,
(así sexa en escala menor).

Dende a sombra
.tamén vexo outras
pantasmas no alto.
Que teñen nos medios nome, apelidos e cargo,
.alumados de mendacidade
.e cuxas normas acato.

Xa que eu amo a verdade,
.teño un po de da-lo salto
.e deixar de ser tal sombra,
.sombra no anonimato.

sen ti me vou.
E a candor dos vintecatro
.xa non a teño, non.

Sen sentido é ter mal fado
.por ter tan grande amor.
Fado, sen sentido fado,
.pena, que marcho e te amo.

No hay comentarios: