lunes, 14 de abril de 2008

Se o amor é....

Se o amor é...
chafarís de tenrura
correspondida,
eu quéroo na miña vida.
Se o amor é
entrega total
e propio esquecemento;
daquela, non o quero!!

Se o amor é
fonte de tolemia,
de obsesión...
Se non é mutua,...
enfriarei o meu corazón.

Se o amor é
compartir vida,
intres,
palabras queridas,...
dareille en min a benvida

Se o amor é
engatusamento, fulgor
curto e pasaxeiro.
Daquela,
non!, non o quero!!.

Se o amor é
ilusionarse,
para despois, nun pozo caer,
non!; non o quero ter!!.

Amor, din que es algo grande.
Fas feliz a quen ampares.
Cómo hoxe deberías ser??.

No hay comentarios: