martes, 13 de mayo de 2008

DESMEMORIADO RIO- Pura Vázquez

Hola a todos/as!!
estou descobrindo a Pura Vázquez e hoxe vou escribir un par de poemas de ela; o primeiro podo
ata facelo meu, porque expresa perfectamente o que sinto por unha ausencia.
ELEXIA DA AUSENCIA FONDA

Os coitelos da ausencia espésanseme dentro,
.derrúbanme algodóns das nebras despiadadas.
A espida docelez da camelia e da escuma,
o lábil pensamento e a desmemoria tráxica.
Os espectros empápanse. Fanse melancolías.
Soletran nas mañáns anunciación e gracia.
E arumes e bandeiras polos xistros bulindo.
Engárzanse ós brillantes rocíos entre as sombras
coas veludosas telas de poutas delicadas.

Ninguén chega a esgazar esta argola de ferro
do fastío apreixándome ilusións degoladas.
Este atadallo feito de lágrima e tristura
que nos ollos me surte e me retorce a alma
co estambre largacío das calladas lembranzas.

Quen vai a ennovelarme nesta luz, nesta edra
que teima pendurarse no aire da ventana?.

Soio altamares gardo que a ansiedade me agocha
prendéndome a elexías de ausencias prolongadas.


ESCOITANME OS SILENCIOS


Onde se queiman mármores e beizos.
Lagoas que se afunden con estrelas.
E brazos invisibles alongándonse
nun tremor de crepúsculos frustrados.

Onde naufragan formas e brancuras
na óptima madureza. E trasparecen
as nubes iniciais. Formas soñadas
cando sentimos a calor da carne
aseitando os sentidos. Seu latexo.

Cando é o sorriso amargo. Cando treme
a noite polas sombras escondida
e buscamos paxaros anceantes
na roseira da vida. As mustias rosas.

Busco pegadas, covas neses cómaros
onde a beleza ardeu e morde a chuvia
e un pensado pracer xira en pleamares
de bolboretas de impalpables azas.

Este é o meu poema de hoxe:

La Vida

Vida es la corriente del viento que entre árboles silba,

Vida es cada elemento de la Naturaleza que vibra

Con esa particular energía.

Vida es sentir y ser sentido,

Encontrarle a las cosas su contenido.

Vida la hacen todos los que hacen su camino

Aceptando, rechazando e incluyendo.

Vida son los colores y movimientos,

Vida es expresar tus sentimientos

Sean de tristeza o alegría

Vida es saltar, cantar, llorar,

Hacer caso e ignorar.

La tiene todo lo que piensa y evoluciona,

Todo lo que crece y reacciona.

Ser libre y dejar serlo,

Sin etiquetar a los que difieren por ello...

¿Cómo definirías tú la vida?

1 comentario:

sereadur dijo...

A o ler "Elexía da ausencia fonda" non puiden evitar pensar nun mozo; un amor, o máis impotante para min ata agora. Todos teremos memoria dalgunha persoa que non é posíble esquecer a pesares da distancia e o paso do tempo.
bicos, M por sempre