lunes, 5 de mayo de 2008

A túa calor no meu leito;
sentir o teu alento....
facernos aloumiños,
falarnos amodiño.
Evaporouse todo iso,
coma un refacho de choiva,
coma unha moda pasada,
coma se nada pasara!!...
E doe tanto lembralo,
e doe tanto sentir!!.
Vivir só por manterme esperta;
vivir un senvivir sen tí.
O doce sabor dos teus bicos,
as caricias da túa man...
Non podo!!
Non podo esquecerte!!.
Por tí bregaría un mar.

No hay comentarios: